Galego  Español  Português  English  Français
 
Asociación
Publicacións
Actividades
Recursos
Fotografias
Contacto
 
Xesus R. Jares (In Memoriam)
 buscar
 
  A Nosa Historia

EDUCADORES/AS POLA PAZ é o primeiro grupo, colectivo ou asociación que se crea en Galicia sobre Educación para a Paz. Coa súa fundación en 1983 iniciase o movemento galego de educadores/as pola paz, e simultáneamente vai ser un referente esencial tanto no resto do Estado como no veciño Portugal. Nos últimos anos ten unha implicación cada vez maior en América Latina.
Temos que ter en conta que, dado que partíamos de céro, durante os primeiros anos oitenta foi un traballo ímprobo de iniciación e divulgación a través de múltiples cursos, conferencias, reunións, artigos, etc. para divulgar esta dimensión educativa. Fruto do traballo de grupos coma o noso, esta dimensión educativa tería posteriormente o seu recoñecimento xurídico-legal coa promulgación da Lei Orgánica do Derrito á Educación (LODE), aprobada en 1985, na que se recolle entre os fíns do sistema educativo a educación para a paz (Art. 1. g), e moi especialmente coa Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo (LOXSE), aprobada en 1990, en tanto que non só se recolle a educación para a paz como fins do sistema educativo (Art. 2.g), senón que tamén se incorporan de forma explícita como "tema transversal" ao currículum de tadas as áreas educativas e de todos os niveis do ensino obrigatorio. Boa proba do que estamos a decir o constitue o feito de que o desenvolvemento deste "tema transversal", tal como se denomina na LOXSE, foi encargado polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) a Xesús R. Jares, Coordenador desde a súa fundación de EDUCADORES POLA PAZ, recollido no libro "Educar para la paz" nas denominadas "Caixas vermellas" de Educación Primaria e Secundaria, publicadas polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC).

Se facemos un breve repaso do traballo desenvolvido, podemos observar o amplo espectro de actividades realizadas. Sintéticamente agrupamolas nos seguintes epígrafes:

  • 1. A organización das Primeiras xornadas de educación para a paz que se fan en Galicia. Concretamente as Primeiras tiñeron lugar en xaneiro de 1984 en Vigo, tendo a súa continuación nesta cidade en dúas edicións máis. A partir das segundas tamén son organizadas pola sección de Educadores pola Paz de Ourense nesta cidade durante máis dunha década.


  • 2. A introducción en Galicia da celebración do Día Escolar pola Paz (30 de xaneiro). En xaneiro do 83, o Claustro de profesores do C.P. García Barbón de Vigo aproba unha chea de actividades, a proposta do coordenador de Educadores pola Paz, para conmemorar o 30 de xaneiro. No ano seguínte, concretamente o 11 de xaneiro de 1984, os medios de comunicación de Vigo recollen a primeira convocatoria pública ós colexios e institutos de Vigo e a súa bisbarra para preparar a celebración do Día Escolar pola Paz. Posteriormente, foi recoñecido oficialmente pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia durante o goberno tripartito. A propia denominación de "Día Escolar pola Paz" foi nosa sendo aceptada pola maior parte de grupos, centros e colectivos.


  • 3. A redacción e promoción mediante recollida de firmas (920 en total) do primeiro Manifesto dos Ensinantes Galegos pola Paz e o Desarme. O Manifesto, xunto coas firmas, foi presentado ás autoridades educativas da Xunta de Galicia e ós medios de comunicación en marzo do 84. Esta iniciativa tivo tamén a súa traslación a outras comunidades do Estado, como en Andalucia onde se fixo a súa traducción literal.


  • 4. A redacción dos primeiros artigos de opinión que se fan en galego sobre a educación para a paz. O primeiro artigo foi publicado por Xesús R. Jares no xornal La Voz de Galicia, tituado "Sobre a educación para a Paz", publicado o 13 de marzo do 83. Posteriormente, en xaneiro de 1984, sairía o primeiro monográfico no suplemento de educación "A Pizarra" do xornal Faro de Vigo, feito igualmente por membros de Educadores pola Paz. Monográficos que se repetirían en anos sucesivos. En outubro de 1983 sairía o primeiro artigo sobre esta temática na revista “Cuadernos de Pedagogía”.
    Temos que destacar, dentro das publicacións na prensa, ademáis das xa citadas, o suplemento de educación "Na escola" do xornal La Región de Ourense a partir de abril do 88. Este suplemento, coordenado polo membro de Educadores pola paz-Nova Escola Galega Xosé Manuel Cid, vai a ter na práctica totalidade dos seus números unha atención constante á Educación para a Paz, contando cunha sección fixa da que se encargaba Educadores pola Paz chamada "Edupaz".


  • 5. A elaboración das primeiras publicacións que se fan en galego sobre a educación para a paz, e que citamos a continuación:
    - EDUCADORES POLA PAZ (1984): ¿Educar para a paz?. Si, gracias. Col. "Monográficos BIP", Dto. de Educación, Concello de Vigo.
    - EDUCADORES POLA PAZ (1986): 1986, Ano Internacional da Paz. Dto. de Educación, Concello da Coruña.
    Editado igualmente, anque en distinto formato, polo Dto. de Educación do Concello de AS Pontes.
    - EDUCADORES POLA PAZ (1988): Cinco anos de Día Escolar pola Paz. Educadores pola Paz/NEG, Vigo.


  • Máis tarde chegarían os primeiros libros ós que facemos referencia posteriormente.
  • 6. A impartición em Galicia dos primeiros cursos de formación para o profesorado sobre esta temática. O primeiro curso tivo lugar en Vigo, en setembro do 84 dentro da VI Escola de Verán de Vigo. Logo virían cursos e conferencias por toda a xeografía galega, ademáis de distintos puntos do Estado e Portugal.


  • 7. A organización por primeira vez em Galicia dos Encontros Galegos de Educadores pola paz, e, desde o ano 1992 tamén Galego-Portugueses. Os Encontros foron sempre considerados como a cita anual dos/as que facemos educación para a paz en Galicia, aínda que con presencia doutras comunidades do Estado e moi especialmente, polo seu número e aportación, do país irmao Portugal. Os Encontros Galegos e Galego-Portugueses de Educación para a Paz, son de carácter anual e rotativo en Galicia e Portugal. Dentro de Galicia sempre os fixemos rotativos polas catro provincias galegas. Esta rotación constitue outra manifestación máis do noso empeño en conxugar o feito diferencial galego coa promoción dunha cultura de paz en xéral e da educación para a paz en particular. Ademáis, o seu carácter horizontal, fan que sexa unha iniciativa pioneira non só en Galicia senón tamén no resto do Estado. Neste ano 2001 celebramos a décimoquinta edición.


  • 8. A elaboración e publicación do primeiro libro de educación para a paz que se fai en Galicia: EDUCADORES POLA PAZ (1986): Educar para ama-la paz. Vía Láctea, A Coruña. Con esta publicación non só avanzamos en divulgar a educación para a paz en Galicia e en galego, senón que supón a integración do movemento galego de educadores pola paz no plano internacional. O libro está estructurado en tres seccións. Unha primeira de achegamento ó pacifismo e a construcción dunha cultura de paz; unha segunda que recolle unha aproximación teórica-práctica á educación para a paz e unha terceira de recursos e materiais varios. O libro foi presentado polos seus autores en Vigo, Santiago, Ourense e A Coruña.


  • 9. A elaboración e publicación en 1989 do primeiro libro en galego sobre xogos cooperativos, unha temática de forte impacto e fondo arraigo na educación para a paz. O título do libro é Técnicas e xogos cooperativos para todas idades, sendo o seu autor o Coordinador de EDUCADORES/AS POLA PAZ. O libro foi presentado en varias capitales galegas. No ano 1993 saiu a súa segunda edición.


  • 10. A edición do primeiro boletín informativo de educación para a paz e de paz en xéral que se fai no noso país, o NOVAPAZ, que conta nestes momentos cunha tirada de 2000 exemplares. Ata o momento editamos 26 números. O NOVAPAZ ten o acometido de manter informada e extender a rede galega de educadores/as pola paz, asi como de integrar a ésta co resto do mundo. O seu primeiro número saiu no ano 1990.


  • 11. A participación en campañas de sensibilización e acción social como foron a do "Non a OTAN"; a campaña de sensibilización cidadán en Radio Popular durante o ano 1986 consistente en emitir oitos mensaxes diarios con temática referente a ampla cosmovisión da paz; a participación na Plataforma Galega pola Paz en contra da guerra do Golfo; as campañas durante varios anos nos meses de novembro-decembro sobre os xogos e xoguetes bélicos, sexistas e sofisticados, introducindo en Galicia da campaña "Aprende a xogar, aprende a vivir" sobre o xogo e os xoguetes; as campañas de apoio ós insubmisos galegos (véxase o Informe Pericial feito para o insubmiso Marcos Arranz e publicado no número 16 da Revista Galega de Educación); a co-organización da campaña "Dereitos Humanos, ¡que menos!" en conmemoración do 50 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos; etc.


  • 12. A campaña cultural, educativa e solidaria Construír a paz. Cultura para a paz. Un proxecto que naceu desde a a mirada global e multidisciplinar da paz, tanto desde o punto de vista do pensamento como da creación artística e literaria. Ao longo do ano académico 1986-1987 que durou foi un intento masivo de facilitar ao conxunto da cidadanía un proceso de alfabetización nos contidos e valores dunha cultura de paz. Nesta iniciativa levouse a cabo os tres niveis de achegamento á paz: a investigación, a acción e a educación para a paz. Vexase máis inoformación no aparatado especifico nesta web.


  • 13. A edición do libro Construír a paz. Cultura para a paz, Xerais, Vigo, 1996, primeiro libro que se fai no Estado español reunindo traballos desde diversos campos do pensamento, das artes plásticas e da literatura. Neste último apartado recollendo, ademáis, as diferentes línguas da península -galego, castelán, catalán, euskera e portugués-. En total 113 autores e autoras, cuxas aportacións, orixinais e inéditas, dividense en 31 ensaios, 37 colaboracións literarias e 43 obras plásticas. Ver máis información sobre este proxecto na sección de ACTIVIDADES.


  • 14. O deseño e coordinación do primeiro programa institucional de educación para a convivencia e a paz que se fixo en Galicia: O Programa educativo municipal aprender a convivir, impulsado desde a Concelleríua de Educación e muller do Concello de Vigo, sendo a súa Concelleira a Sra. Ana Gandón. O Programa estivo funcinando nos anos 2000-2003, sendo o seu deseñador e coordenador Xesús R. Jares. Os obxectivos do Programa eran:
      - Favorecer unha convivencia positiva e democrática nos centros escolares de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do Concello de Vigo.
      - Aprender a convivir co conflicto de forma positiva.
      - Rexeitar a violencia como forma de resolución dos conflictos.
      - Prever conductas intimidatorias e de maltrato entre o alumnado, favorecendo actitudes contrarias a todo tipo de discriminación e de violencia.
      - Desenvolver unha cultura da paz asentada nos dereitos humanos e nos valores de respecto, tolerancia e democracia.
      - Xerar unha rede de mediadores/as de resolución de conflictos entre os estudiantes dos centros escolares do Concello de Vigo.
    O Programa ofrecía diferentes tipos de servicios: formación para os tres sectores da comunidade educativa, materiais didácticos, asesoramento, servicio de mediación, itinerarios didácticos, etc.


  • 15. Inspirado no anterior e contando coa nosa colaboración estase a desenvolver o segundo Programa institucional educativo sobre a educación para a convivencia er a paz, O Programa de mellora da convivencia, convivir, vivir xuntos, impulsado pola Concellería de educación do Consello de Lugo desde o ano 2004, sendo a súa Concelleira de educacucación Mª Dolores Vieiro e o seu coordenador Manuel Blanco, Orientador no IES Leiras Pulpeiro. Máis información: Concellería de Educación, Tfno. 982 28 48 15. Correo-e: educacion@concellodelugo.org


  • 16. Recentemente, o 30 de xaneiro de 2007, asinamos coa Concsellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia o acordo interinstitucional para a posta en marcha do Plan integral de mellora da convivencia ecolar de Galicia.


  • 17. Participamos na discusión dos currículos da nova asignatura de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos, tanto na Comisión do MEC como na da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Igualmente elaboramos diversos artigos sobre esta materia.


  • 18. Pero ademáis do noso traballo en Galicia, tivemos e temos unha moi forte implicación na consolidación e profundización da educación para a Paz no conxunto do Estado.
      • Somos o único grupo galego e do Estado que participou como organizadores e ponentes nos tres Congresos estatatais de educación para a paz celebrados até o de agora.
      • Igualmente fumos o único grupo de Galicia que participou na organización e como ponentes no I Congreso Iberoamericano de Investigación e educación para a paz celebrado en Granada em setembro de 2002.
      • Somos un dos grupos fundadores da Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ), o único de Galicia, e Xesús R. Jares foi o seu presidente nos anos 2004-2006.
      • Impartimos multitude de cursos e conferencias por toda a xeografía española.
      • Publicación de numerosos artigos en revistas, capítulos de libros e libros (Vexase publicacións)


  • 19. Tamén é de destacar o noso traballo de concientización e difusión da educación para a paz no veciño e pais irmao de Portugal. Concretamente a través de:
      • Contactos persoais
      • Cursos e conferencias
      • Publicacións de artigos e libros en portugués
      • Fundación da Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a paz.
      • Apoio a determinadas iniciativas de educación para a paz.
      • Dirección de traballos académicos universitarios de educación para a paz.


  • 20. Nos últimos anos tamén é de destacar o noso traballo de concientización e difusión da educación para a paz en varios países irmaos de América Latina, moi especialmente en México, Brasil, Colombia, Perú, e Argentina, a través de:
      • Contactos persoais
      • Cursos e conferencias
      • Publicacións de artigos e libros (no caso de Brasil en portugués)
      • Apoio a determinadas iniciativas de educación para a paz.
      • Aseramento a determinados centros e iniciativas
      • Apoio a proxectos solidários
      • Dirección de traballos académicos universitarios de educación para a paz.

Copyright © 2010 Educadores Pola Paz | Aviso Legal